x
¿Sabías que?
No antigo Exipto utilizáronse pancas, poleas e planos inclinados para construír as Pirámides y as esfinxes.
Nas comunidades primitivas cazaban usando máquinas simples, para iso, agrupábanse e así os humanos empezáronse a organizar. Como compartían traballo, os beneficios obtidos eran compartidos por todos. Para organizarse necesitaban comunicarse, o que permitiu
o desenvolvemento da linguaxe.
Moitas ferramentas de uso cotián son máquinas simples. O balancín, as tesoiras, as tenaces, os alicates, os remos ou a catapulta son pancas de primeiro grao. A carretilla e os quebranoces son exemplos de pancas de segundo grao. E, o quitagrapas ou a pinza
de cellas son exemplos de pancas de terceiro grao.
No corpo humano tamén temos mecanismos que semellan máquinas simples, por exemplo o conxunto tríceps-cóbado-antebrazo formaría unha panca de primeiro grao, mentres que o conxunto cóbado-bíceps-antebrazo ou a articulación temporomandibular son pancas de
terceiro grao.