As células musculares esqueléticas ou estriadas contráense en resposta a un estímulo nervioso. A neurona motora que leva información dende o sistema nervioso central ata o músculo contrae unha célula muscular nunha estrutura que recibe o nome de placa motora. Esta placa motora está constituída por:
A membrana plasmática da neurona está polarizada, debido a que os ións distribúense de forma distinta a ambos os dous lados desta. No interior hai ións K + , pero tamén grandes proteínas con carga negativa polo que está cargado negativamente. En cambio, o exterior está cargado positivamente polo predominio dos ións Na + .
A diferenza de potencial entre o exterior e o interior da membrana denomínase potencial de repouso e equivale a -70 mV. Esta variación entre o exterior e o interior alcánzase polo funcionamento da bomba de sodio/potasio (Na + /K + ) que expulsa 3 ións de sodio do interior da neurona e introduce dous de potasio do exterior. Os ións sodio non poden volver entrar na neurona, debido a que a membrana é impermeable ao sodio.
Cando chega a unha neurona o impulso nervioso a membrana se despolariza, abríndose as canles para o sodio. O interior vólvese electropositivo con respecto ao exterior e se o cambio de potencial é suficiente (+110mV) alcanza o potencial de acción que crea as condicións necesarias para que se libere o neurotransmisor á fenda sináptica. A natureza do impulso nervioso é electroquímica dado que, na maior parte dos animais, as neuronas non contactan entre elas fisicamente, nin tampouco coas fibras musculares, de aí a necesidade dun transmisor químico.
O neurotransmisor vai ser o responsable de despolarizar a membrana da neurona seguinte ou, como é o noso caso, a membrana da fibra muscular ou sarcolema, abrindo as canles para o sodio que permanecían pechados.
Unha vez que a neurona emite o impulso nervioso debe volver ao potencial inicial de repouso. Péchanse as canles para o sodio, o neurotransmisor é destruído por acción encimática e o potencial de repouso alcánzase pola acción da bomba de Na
+
/K
+
.
A célula muscular é unha célula moi especializada. A nomenclatura das súas partes tamén é específica para ela:
Etimoloxía sarc-/-sarc- vén do grego e significa carne.
Hai tres tipos de tecido muscular que se diferencian na estrutura das súas células, a súa localización no corpo, a súa función, e en como se activan para a contracción.